Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2020

Diario dun breve espazo do día, titulado ao día seguinte

  DÍA UN,  23:15 Esta escrita é só un intento máis de expresar o que intento ser. Digo intento porque non o son, e de aí que agora fiquen no papel estas verbas. E cantas veces as teño empregado neste mesmo soporte... (...) DÍA UN (pero con paréntese), 23:19 (Ti non o podes saber, porque só os meus dedos coñecen o que están a borrar. Miña cabeza sabe o que pensa, pero non recorda o que borra. E é tanto a borrar...) ... DÍA UN (de novo sen paréntese... Merda.), 23:24 Borraría todo o que eu son? De facelo, tampouco daría para unha hipérbole....Pero non, non o faría. Antes que valente, son covarde.  ... DIA UN, 23:44 De borrar algo, sería a envexa. Corre por dentro do meu corpo coma un dos ratos que habita o antigo cortello da nosa casa, enchéndoo dun veleno que seca a miña boca e endurece o meu perdido ollar ao mundo. E entón sinto noxo, non polas persoas sobre as que recae o meu sentimento, senón por min mesma. Son egoísta ata para iso, que se lle ha facer. (...) DÍA UN, (v...

Pan e vento (sobre os ollos núos xedé vale non)

Ás só ás veces Outras caio Fondo tanto como a vertixe que medra no meu peito ou como o coitelo que se crava na barra seca de pan que adoito comer (porque me gusta comer pan) Ás só ás veces cando o baleiro que atopo agora fica cheo de bolboretas de fume  de vento  de fame Algunha cousa que agoche o baleiro do que estou a falar e que por un momento evite a caída da que antes falei ... Mais as bolboretas van  durmir E o fume fuxe co vento que zoa  en dirección NW E a fame vaise coa barra seca de pan que adoito comer (porque me gusta comer pan) E entón O baleiro fica baleiro e non hai ás  que eviten a miña caída sobre min mesma. Fondo ... ... ... Fondo... E, no fondo... Todo doe. (porque me gusta comer pan) PD: O faiado agardaba atopar prosa, mais saíron do fondo uns terríbeis versos contemporáneos. Que se lle ha facer! Quixeron as memorias saír así.