Dinossauros (hoje eu extinto)
'Jà nem me lembro como era no começo quando sabia tudo o que me esperava e acreditava ser algue'm especial...' ... 'E agora non somos máis que sombras.' ... Doe chegar ata aquí e ver na calma reflexión da ría unha cara descoñecida. Unha cara que é a túa, pero descoñecida. Non che sorrí. ... Doe chegar ata aquí e non saber o que un pensa. Vivir aquí dentro, escoitar o devagar das palabras cruzar de xeito monótono polo maxín, mais sen saber o que un pensa. Hai demasiadas cousas que pensar. E non pensas. ... Doe non poder definir o que sintes. Evitar o baleiro que se achega cada vez que intentas amar aos teus, e non podes definir o que sintes. Segue habendo algo no escuro... Mais, sobre todo, doe. ... Non teño motivos para escribir así, nin deixo de telos tampouco.Ás veces, todo o que son ensúmese nunha bágoa. Son pequena, síntome pequena e prescindíbel. Cústame estar ben. E doe. ... PD: que as accións literarias non vos alonxen da realidade. Os faiados teñen dereito...