Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2022

Longo lapso temporal

 A choiva é case poalla, mais non para de chover. Saes pola porta e sintes o abrazo da auga do orballo impulsada por un vento cálido que parece saír da terra. A humidade entra no teu corpo engurrado no frío inverno, mais desta vez sintes o calor que parece saír da terra e o teu corpo, xa completamente mollado, deixa de engurrarse. Non sinte frío xa e, aínda que a cantidade de auga que percorre os poros ben poida resfrialo, sabe que o inverno está a rematar. Cando volves para a casa e miras o calendario atópaste con 31 días novos e un cartel que berra: xa é marzo! Vén a primavera? O teu corpo asinte, a súa suposición non foi errada. A túa cabeza, que acabou por erguerse cando foi sorprendida por unha fría pinga, mira o mundo emocionada e pensa: entón... Xa non queda nada para o vran! Azos! Adiante todxs! Pero agarda, dille o corpo. A choiva é case poalla, mais non para de chover. Para o verán aínda resta un longo lapso de tempo. Pero está a chegar si...E adiante iremos nesta primeir...