Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2022

A day in the life

Non lembro o momento no que espertei de volta aquí, é coma se o meu corpo se fose desperezando só do longo letargo no que estivo e, así como foi capaz, foi apremiando á miña cabeza a saír fóra. Pero o feito é que eu non o lembro, só sei que estou esperta agora escribindo estas verbas, e que xa levo un tempo así. Por non lembrar nin sei o que pasou mentres durmía longamente e, intentando vislumbrar esas memorias, só sinto unha vaga tristeza que o meu corpo reprime en bágoas baleiras. Por iso é que quizais agora estea escribindo, buscando as respostas que non me podo dar, buscando un xeito de evitar caer de novo nese sono profundo, no pesadelo continuo da agonía do maxín. Pero agora estou esperta, completamente esperta, máis do que nunca estiven. E, malia que fico confusa no meu novo mundo, sinto unhas arelas novas, uns azos pra seguir querendo aos que fican comigo e aos que tiveron que marchar; e tamén pra aceptarme, pra querer o que son e o que vou ser. E, malia que non lembre, o faiad...