Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2019

Falando...

Sinceramente, non sei porque definín isto como unha recolla literaria, pois ben debía ser consciente do pouco dada que son a escribir en serio. Mais, polo menos, isto pode axudar a mellorar a miña pésima mecanografía (dato innecesario).Non tendo moito máis que dicir, vouvos de(s)leitar cuns versos que se me ocorreron  o outro día mentres lavaba a roupa: Vin unha pomba branca Cando voaba unha gaivota. E cría que había paz No medio da revolta. (realmente pasou unha gaivota voando e confundina cunha pomba, a poeticidade sae dos recunchos máis insospeitados.) E aí tedes o que puiden facer estes días. Seguide no faiado e atoparedes máis memorias... (ehhhh...si?).

Bos días (aplicado a calquera hora do día, é un saúdo)

Teño por certo que, como a maioría de cousas que comezan a formarse no meu maxín, a durabilidade desta acción será breve (non nula porque estás a ler isto e xa é algo). Porén, no estado actual no que me atopo (escribindo) considero que pode ser un bo xeito de perpetuar a miña breve e non moi boa obra literaria, que seguirei a configurar neste tempo se, como ben dixen ao comezo desta introdución,esta idea consegue sobrepasar este único texto. Agora voume dispoñer a publicar isto e a buscar un bo motivo para escribir algo. Quen sabe, ao final, que cousas se poden atopar nas memorias deste vello faiado (ehhh... si.).