Falando...

Sinceramente, non sei porque definín isto como unha recolla literaria, pois ben debía ser consciente do pouco dada que son a escribir en serio. Mais, polo menos, isto pode axudar a mellorar a miña pésima mecanografía (dato innecesario).Non tendo moito máis que dicir, vouvos de(s)leitar cuns versos que se me ocorreron  o outro día mentres lavaba a roupa:

Vin unha pomba branca
Cando voaba unha gaivota.
E cría que había paz
No medio da revolta.

(realmente pasou unha gaivota voando e confundina cunha pomba, a poeticidade sae dos recunchos máis insospeitados.)
E aí tedes o que puiden facer estes días. Seguide no faiado e atoparedes máis memorias...
(ehhhh...si?).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...