Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2019

Escrita en verso mais sen rima, de xeito ambicioso chamareina poesía

Soño con catedrais Nado na incerta voz Dun mañá que me avisa que ha chegar e porén cando esperto segue sendo hoxe. Soño con catedrais A miña voz durmida escoita os apagados ecos das súas antigas cancións e danza cara elas mentres estuda aburrida novas partituras Soño con catedrais Nunha difusa parede nun momento incerto do descoñecido reloxe alumean estas verbas: ? Non son quen de lelas... Soño con catedrais Fico mirando a parede mentres os ecos do mañá entoan unha nova melodía:  - tampouco aquí, rapaza   has atopar a liberdade…   Esperta!   Escribe a verdade! Soño con catedrais... Esperto ... (e porén  cando esperto  segue sendo hoxe). PS: no faiado os soños saen pola cheminea…Que andarán a procurar? Quizais soamente a súa propia liberdade, xa nolo han contar á volta... (ehhhh si)