Escrita en verso mais sen rima, de xeito ambicioso chamareina poesía
Soño con catedrais
Nado na incerta voz
Dun mañá que me avisa que ha chegar
e porén
cando esperto
segue sendo hoxe.
Soño con catedrais
A miña voz durmida
escoita os apagados ecos
das súas antigas cancións
e danza cara elas
mentres estuda aburrida
novas partituras
Soño con catedrais
Nunha difusa parede
nun momento incerto
do descoñecido reloxe
alumean estas verbas:
?
Non son quen de lelas...
Soño con catedrais
Fico mirando a parede
mentres os ecos do mañá
entoan unha nova melodía:
- tampouco aquí, rapaza
has atopar a liberdade…
Esperta!
Escribe a verdade!
Soño con catedrais...
Esperto
...
(e porén
cando esperto
segue sendo hoxe).
PS: no faiado os soños saen pola cheminea…Que andarán a procurar?
Quizais soamente a súa propia liberdade, xa nolo han contar á volta... (ehhhh si)
Nado na incerta voz
Dun mañá que me avisa que ha chegar
e porén
cando esperto
segue sendo hoxe.
Soño con catedrais
A miña voz durmida
escoita os apagados ecos
das súas antigas cancións
e danza cara elas
mentres estuda aburrida
novas partituras
Soño con catedrais
Nunha difusa parede
nun momento incerto
do descoñecido reloxe
alumean estas verbas:
?
Non son quen de lelas...
Soño con catedrais
Fico mirando a parede
mentres os ecos do mañá
entoan unha nova melodía:
- tampouco aquí, rapaza
has atopar a liberdade…
Esperta!
Escribe a verdade!
Soño con catedrais...
Esperto
...
(e porén
cando esperto
segue sendo hoxe).
PS: no faiado os soños saen pola cheminea…Que andarán a procurar?
Quizais soamente a súa propia liberdade, xa nolo han contar á volta... (ehhhh si)
Comentarios
Publicar un comentario