Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2020

Wandering (Parte I)

I'm fixing a hole where the rain gets in and stops my mind from wandering Where it will go? I un recuncho desta folla está cheo de bolboretas. II Un lapis vello, descansa comesto polos poemas esquecidos e gastado pola túa tristura III As bolboretas voan (coma tódalas bolboretas) arredor das verbas que o lapis (vello) escribe mentres tuse con raiba un oxidado grafito que pinta de pardo gris as súas aínda brancas ás. E cando este, canso abandoa o sucio papel van silandeiras repousar na breve marxe que existe entre as estrofas que argallou e o horizonte rectangular que pecha a folla IV Cando as bolboretas dormen o lapis... Chora PD: lembranzas de como facer un pésimo poema (?) contemporáneo pero empregando unha boa canción dos Beatles sen moita conexión co escrito en cuestión (ehhh, si, como mola a súa fase psicodélica).