Tres historias no (case) comezo do outono (Aochou_8)
Palabras: lavadoiro, ferro, ciprés, croquis, marmelo, ciclón, toalla, histriónico Sentada á beira dun ciprés, sentiu chegar a primeira brisa do novo outono. Os seus cabelos loiros xogaban coas follas da súa mesma cor que, vendo a fin inevitable do seu remanso estival, rebelábanse por derradeira vez contra o frío chan onde lles agardaba a morte. ‘Quizais iso é demasiado poético’, pensou ela levantándose do banco onde o sol xa non amosaba as súas raiolas e remexendo os cabelos para desfacerse desas breves mártires da transcición cara o inverno. ... ‘Quen vexa a esa rapaza así, figurarase que está a escapar dos violentos ventos que traen a esta illa os ciclóns que con tanta frecuencia nos visitan’... Deixou de mirala. Volveuna a mirar. ...‘Olla pra ela, remexe os cabelos como unha tola, pra sacar deles unhas follas que caerían dunha maneira totalmente natural se non as estivese a enredar máis neles. Dende logo, ten que posuír un carácter ben histriónico’. Comezou a sorrir...