Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2021

Um estilo de baile!!!

Fuxir do que vexo Do mundo que está fóra  E dentro A un tempo Dentro de min Fóra da xanela Dentro da caixa dos cereais Fóra das luces da cidade Dentro do buraco do calcetín do rei Fóra dos muros das prisións E dentro Dentro dos meus ollos Das miñas dúas xanelas Todo do que intento fuxir Cando esquezo poñer gafas. PD: Você não pode fugir do carnaval! Nin do encontro coas memorias, é a realidade do faiado (ehhh, si, o chiste xa está feito, miñas desculpas).

Carga e descarga, un círculo vicioso

5% Semellaba ter esquecido o que era isto. Por iso, pousou tranquilamente o seu corpo na cadeira e quedou mirando para o perdido mundo que se extendía máis aló das paredes do cuarto onde residía, tentando lembrar como se desenvolvía a que fora outrora a súa tarefa preferida. Confundida, abriu o portátil que levaba tempo reclamando seu uso dende a esquina do escritorio... Aviso!: batería baixa.O ordenador apagarase nun intre. ...'Xusto o tempo que preciso', pensou. Con esa escasa marxe, a súa ollada perdida atopou a branca folla virtual dun novo borrador que lle pedía con urxencia as súas verbas. Sen pensalo moito (como adoitaba facer sempre), repousou os seus pequenos dedos no teclado e escribiu axilmente o seguinte relato: 4!% ' Semellaba ter esquecido o que era isto. Por iso, pousou tranquilamente o seu corpo na cadeira e       quedou  mirando para o perdido mundo que se extendía máis aló das paredes do cuarto onde residía, tentando lembrar como se desenvolvía...