Carga e descarga, un círculo vicioso
5%
Aviso!: batería baixa.O ordenador apagarase nun intre.
...'Xusto o tempo que preciso', pensou.
Con esa escasa marxe, a súa ollada perdida atopou a branca folla virtual dun novo borrador que lle pedía con urxencia as súas verbas. Sen pensalo moito (como adoitaba facer sempre), repousou os seus pequenos dedos no teclado e escribiu axilmente o seguinte relato:
4!%
' Semellaba ter esquecido o que era isto. Por iso, pousou tranquilamente o seu corpo na cadeira e quedou mirando para o perdido mundo que se extendía máis aló das paredes do cuarto onde residía, tentando lembrar como se desenvolvía a que fora outrora a súa tarefa preferida. Confundida, abriu o portátil que levaba tempo reclamando seu uso dende a esquina do escritorio...
Aviso!: batería baixa.O ordenador apagarase nun intre.
...'Xusto o tempo que preciso', pensou.
Con esa escasa marxe, a súa ollada perdida atopou a branca folla virtual dun novo borrador que lle pedía con urxencia as súas verbas. Sen pensalo moito (como adoitaba facer sempre), repousou os seus pequenos dedos no teclado e escribiu axilmente o seguinte relato: '
3!%
''Semellaba ter esquecido o que era isto. Por iso, pousou tranquilamente o seu corpo na cadeira e quedou mirando para o perdido mundo que se extendía máis aló das paredes do cuarto onde residía, tentando lembrar como se desenvolvía a que fora outrora a súa tarefa preferida. Confundida, abriu o portátil que levaba tempo reclamando seu uso dende a esquina do escritorio...
Aviso!: batería baixa.O ordenador apagarase nun intre.
...'Xusto o tempo que preciso', pensou.
Con esa escasa marxe, a súa ollada perdida atopou a branca folla virtual dun novo borrador que lle pedía con urxencia as súas verbas. Sen pensalo moito (como adoitaba facer sempre), repousou os seus pequenos dedos no teclado e escribiu axilmente o seguinte relato:''
2!%
'''Semellaba ter esquecido o que era isto. Por iso, pousou tranquilamente o seu corpo na cadeira e quedou mirando para o perdido mundo que se extendía máis aló das paredes do cuarto onde residía, tentando lembrar como se desenvolvía a que fora outrora a súa tarefa preferida. Confundida, abriu o portátil que levaba tempo reclamando seu uso dende a esquina do escritorio...
Aviso!: batería baixa.O ordenador apagarase nun intre.
...'Xusto o tempo que preciso', pensou.
Con esa escasa marxe, a súa ollada perdida atopou a branca folla virtual dun novo borrador que lle pedía con urxencia as súas verbas. Sen pensalo moito (como adoitaba facer sempre), repousou os seus pequenos dedos no teclado e escribiu axilmente o seguinte relato:'''
1!%
''''Semellaba ter esquecido o que era isto. Por iso, pousou tranquilamente o seu corpo na cadeira e quedou mirando para o perdido mundo que se extendía máis aló das paredes do cuarto onde residía, tentando lembrar como se desenvolvía a que fora outrora a súa tarefa preferida. Confundida, abriu o portátil que levaba tempo reclamando seu uso dende a esquina do escritorio...
Aviso!: batería baixa.O ordenador apagarase nun intre.
...'Xusto o tempo que preciso', pens-
APAGANDO...
PD: o faiado quedou sen batería, mais finalmente atopou o cargador. Agora, só falta o reinicio das memorias. Paciencia...
Comentarios
Publicar un comentario