Infinitos no churrasco
Podo escribir historias infinitas nun tempo limitado, pois por escaso que sexa este non pode gañar aos constantes bucles e espazos que deixo nas mesmas. É como o camiño de 0 a 1. Se eu agora escribo: Onte comín churrasco. Pasaría do 0 ao 1, ocupando cada palabra o 33,3 (porcentaxe periódica)% do relato. Porén, a esta historia (que non sería un relato atendendo aos modelos clásicos pero que máis terá, non si?) pódolle engadir detalles como: Onte comín churrasco un pouco cru. ou Onte á hora do xantar comín churrasco. É o mesmo, un camiño do 0 ao 1, mais engadindo detalles (decimais) e sen variar o contido inicial da susodita narración. Canto máis se engada ao relato, máis longo parece o camiño existente, máis tedioso é o contar e ata pode chegar un punto no que se entende que no espazo limitado dunhas verbas poden ocorrer infinitas tramas non explícitas, así como no intervalo limitado entre o 0 e o 1 existe unha cantidade infinita de números. Pero, é isto verdade? Realmente é ...