Infinitos no churrasco

 Podo escribir historias infinitas nun tempo limitado, pois por escaso que sexa este non pode gañar aos constantes bucles e espazos que deixo nas mesmas. É como o camiño de 0 a 1. Se eu agora escribo:

Onte comín churrasco. 

Pasaría do 0 ao 1, ocupando cada palabra o 33,3 (porcentaxe periódica)% do relato. Porén, a esta historia (que non sería un relato atendendo aos modelos clásicos pero que máis terá, non si?) pódolle engadir detalles como:

Onte comín churrasco un pouco cru.

ou

Onte á hora do xantar comín churrasco.

É o mesmo, un camiño do 0 ao 1, mais engadindo detalles (decimais) e sen variar o contido inicial da susodita narración. Canto máis se engada ao relato, máis longo parece o camiño existente, máis tedioso é o contar e ata pode chegar un punto no que se entende que no espazo limitado dunhas verbas poden ocorrer infinitas tramas non explícitas, así como no intervalo limitado entre o 0 e o 1 existe unha cantidade infinita de números. Pero, é isto verdade? Realmente é o receptor do relato o que ten o poder de facer outras historias a partir desta, como o é de seleccionar o xeito de contar. Só hai unha diferenza para min clara coas matemáticas; e é que aínda falando dun 'cero absoluto'-un papel en branco, existiría para o receptor o infinito máis grande posible: o  poder non condicionado de crear a súa propia historia cos seus outros infinitos.

Así que, a que esperas? Come churrasco, ho!


PD: O faiado hoxe sentíase alterado polos números. Indeterminacións das memorias, xa sabedes como son...

Comentarios

  1. 3,33333333333333333333333333... periódico
    3,33333333333333333333333333... xornal
    <3

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...