Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2022

O vello enigma (verbas aleatorias!!!)

É xuño. Ás veces gustaríame apagar o pensamento e deixar ao meu corpo comezar a desfrutar do verán, pero por desgraza inda teño traballo que facer.Aproveito porén unha pequena calma para facer un relato aleatorio, non debo perder as costumes que deixei atrás hai dous anos: Palabras: torpe, aflixir, sacar, bandullo, errar, pasta, dereito Ao escribir as súas memorias esqueceu do torpe que era a súa man dereita (ou quizais el entendía eses bocexos febles, despois de todo) e compuxo a súa vida nun tomo absurdamente grande de papel de fax; outro obxecto que, coma el, ía restar olvidado no pasado. Rematou e pousou felizmente o seu bandullo de anos sedentarios na cama; e foise entón a súa longa vellez cara outras terras, sentíndose contento de ter deixado unha testemuña escrita do que el tiña sido e das grandes historias que presenciara nos seus 98 anos de vida. Pero, como xa comentei, era ben feble a súa escrita destra; e todos os relatos que contiñan as infinitas páxinas de fax ficaban inin...