Cadeas de pensamentos xustificados...
Somentes a luz desta folla en branco alumea a miña cansa face. En verdade escribín a frase anterior só pra empregar aquel esquencido somentes que non hai máis dun século enriquecía moitos dos grandes traballos da nosa benquerida literatura. Tamén podo decir, en relación a oración explicativa do emprego de somentes, que me podo refirir sen reparo algún aos traballos literarios como grandes, pois malia que si é certo que estou establecendo unha innecesaria preferencia por certas obras, non chego a especificar nin o nome das mesmas nin o criterio no que me apoio para clasificalas como tal, dándolle entón a este adxectivo un carácter vanal, como se estivese colocado de xeito trivial para ensalzar a producción escrita do pasado século. E( xa para rematar esta cadea oracional xustificativa), en relación a esta derradeira sentencia, só me queda engadir: viva Manuel Antonio, sempre e máis dispois!!! Somentes a escuridade da habitación produce soños na ialma. Post-scriptum: al...