Un pouco ao chou...

Cando a miña cabeza non dá cunha definida idea sobre o que escribir e, porén, sinto una crecente necesidade de facelo, gústame que terceiras (segundas neste caso) persoas elixan varias palabras ao chou para que a partir das mesmas poida facer un breve intento de historia. Agora adxúntovos un exemplo:

Abaixo rapaz mes sementa navegar golpear cego vestido bate pozo (as susoditas verbas)

Ao mes seguinte, o rapaz botouse a navegar pola ría abaixo. Cego como estaba polas lendas que o mariñeiro lle contara todas as tardes no peirao, abandoou todo o que el alí tiña para procurar ese manso golpear das ondas que se escoitaban dende a xanela da súa antiga habitación. Mais, ao final, cando se atopou vestido só polo vento violento que ameazaba con afogar a falúa na que se atopaba, comprendiu que o mar descoñecido era tan escuro como o máis profundo dos pozos nos que só o ceo estrelado sementa esperanzas, agardando pois a que unha (non tan mansa) onda das que bate sen piedade as embarcacións o devolvese a esa terra da que partira o mes seguinte de falar por vez primeira con aquel vello Sinbad que arelaba volver ás illas.

xedé, xedé!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A vitoria de Atlas

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

Another one (bites the dust?): aí vén o outono!