Na xanela do outono
Ocorre ás veces nestas tardes de outono. No devagar do serán, ollando pola xanela a escuridade que se vai impoñendo na paisaxe, hai un pequeno espazo no que se instala o recordo. Ocorre (ás veces), cunha intensidade ben máis superior que os propios sucesos, incitando co seu aire doce de irrealidade a se perder nos pequenos camiños dos tempos pasados. Os que non ousan mirar sen medo o seu presente acollen con gran alivio este pequeno recuncho do día, recreándose nestes placeres artificiais e tentando alongalos para conseguir (dalgún xeito) evitar o paso do tempo. Mais ficar nesta nostalxia outonal resulta no esquecemento dunha verdade ben inmediata: o inverno está a chegar. E, malia que dende a fiestra se olle esa escuridade na calor da pretérita ledicia, ben se sabe que algún día hai que saír.
E vai ir frío.
Vaite abrigando.
E vai ir frío.
Vaite abrigando.
Comentarios
Publicar un comentario