Un xoves na habitación...
Fico soa nesta noite escura que arrodea a miña pequena habitación. É nestes momentos cando me imaxino camiñando polas estreitas rúas de Compostela nesa hora na que moitos peregrinos xa se foron buscando as estafas dalgún hotel. Maxino, pois, esa pedra antiga aloumiñando a palma da miña man, mentres algún dos compañeiros dos que me vexo acompañada contan incríbeis historias que rematan cunha acompasada gargallada que alumea máis que as farolas que se atopan en Mazarelos (pequena pausa para deixar un comentario:mimadriña canta oración subordinada). Nesa agradable imaxe consigo seguir ben esperta nesta noite escura que arrodea a miña habitación. Mais fico soa e o sono acaba por gañar aos meus desexos de ir saudar a luz do luar nesta descoñecida cidade. Algún día (penso) conseguirei unha vitoria. Mais polo de agora hei seguir a procurar eses risos de lúa chea neste vello faiado...
(ehhhhh, si?)
Comentarios
Publicar un comentario