A vitoria de Atlas

nun intre, a miña vida cambiou. 

Erguinme por fin dun letargo que se alongou moito máis do debido, e pisei o chan inda húmido polas bágoas que caeran durante tantos anos dos meus ollos. 

Camiñei, e o meu corpo sentiuse lixeiro ao liberarse do mundo que cargaba ás costas. Ao esvarar de volta co verdín das pedras, decateime de que os meus movementos, torpes e desincronizados, seguían a ser os mesmos que deixara atrás pola aceptación dunha eterna derrota. Pouco podía entender agora como chegara a pensar iso; como se me podía ter metido no maxín que a miña existencia estaba inherentemente unida ao fracaso de quen nunca o ía intentar. 

...




Deixei inconcluso este texto tempo atrás, mais figúraseme agora que é unha boa maneira de que o faiado deixe ver as súas novas memorias, que tanto tempo estivo a gardar. 

(eeeeh si,benvidxs de volta!).

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

Un xoves na habitación...