AAAAAAAAAAAAAAH (día tres)
Son os recordos os que privan ás miñas mans de seguir a escribir estas verbas. Son estes os que baixan, como unha mesta brétema, ate as palabras que están a piques de ser plasmadas no papel, rachándoas cunha coitelada homicida e deixando nos meus pálidos dedos o azul adeus da morte léxico-sintáctica.
E que queredes de min (horas eistra vitaes)? Cicais unha bágoa máis de remorso, un derradeiro bico anhelante? Por que estades a deixar estas verbas no papel? Cicais queredes ser plasmados como a miña mísera agonía? Soio vós estades a responder a isto, soio eu o estou dicindo por vós. E que queredes que vos diga?
Sempre restará esa bágoa de remorso
Sempre haberá derradeiros bicos
E por iso tamén os meus dedos
desa triste cor azul
ficarán tinguidos
PD: Ai, os recordos tamén dan mágoas...Mais por eles seguimos no faiado, non si? (ehhhhhh...si, pois ten razón e todo)
Comentarios
Publicar un comentario