Conversa libre ma' non troppo (día trece)

É unha carreira, corre! 
Non vas chegar a tempo. Escribe! 
Escribo, escribo, agarda, sei que son eu. Vou escribir: 'Hoxe é o aniversario da nosa liberdade' 
Por que escribes iso?
Que queres escribir?
Acábase o tempo, corre!
'Hoxe é o aniversaio da nosa liberdade. Doulle os meus parabéns'
E iso pode ter un final?
'Hoxe é o aniversaio da nosa liberdade. Doulle os meus parabéns, malia saber que ela non me pode escoitar. Malia saber que ela fica encerrada nas mans da grande cobiza dos poucos que tampouco me escoitan, mais simplemente porque non queren. Mais cicais algún día este vento norde lle faga chegar a miña mensaxe, a nosa mensaxe; esa que lle dá os parabéns polo seu aniversario. E entón medrará, chegando ser tan grande que xa non collerá nesas opresivas mans da cobiza dos que non escoitan porque non queren. E virá, levada polo vento norde que lle levou a nosa mensaxe, agradecer que nos lembrásemos do seu aniversario; ese día no que medrou pra fuxir das mans da cobiza. Por que non pode ser hoxe? ' E así xa estaría. Cheguei a tempo?
Chegaches, mais con présa
E con présa o relato
Sen sentimento queda
Mais, polo menos
Fica rematado
E entón agora
Podes rasca-lo *******
FALANDO DE LIBERDADE E IMPOÑENDO A CENSURA PERO QUE GRAN MENSAXE!!!

PD: ebriedade teñen estes meus recordos, saen a eito e sen xeito! (ehhh,si, vaia aleatoriedade presentan as verbas)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...