Erotismo no AVE galego ou a crónica dun amor post-moderno no avgá (día dez)
Realmente isto non pode contar como un relato, mais si como unha curiosa conversa que se me ocorreu escoitando a Andrés do Barro. Así, maxinade a unha parella nun futuro post-apocalíptico no que se decidiu investir todo o capital restante nas obras do tan agardado AVE galego (coñecido como AVG(á) polas novas xeracións), falando de xeito distendido. Dándose conta de súpeto de que son os únicos ocupantes do vagón (a poboación reduciuse ao 10% da actual, exceptuando á aldea de Seoane do Courel, onde se mantivo e mesmo incrementou debido á súa particular receita do cocido de Entroido) a rapaza achégase paseniño ao oído do seu namorado e bisbéxase sensualmente as seguintes verbas, recollidas en forma de poema breve:
Estamos nun tren
ou estamos como un tren?
Mais para que facer a oración disxuntiva
se pode ser copulativa...
Creo que os lectores teñen a suficiente imaxinación como para deducir o transcurso deste breve texto, polo que o vou finalizar aquí, engadindo só que a escea se dou pasando pola abandoada estación de Padrón-Barbanza.
PD: Divertidos recordos se atopan por estas caixas! De quen serán? Se che fosen meus…(ehhhh,si?)

Comentarios
Publicar un comentario