Sobre q??? (día dezasete)

Mira, ou me dis dunha vez o que queres ou escribo sen ti. Así cho digo, rapaza, collo e escribo sobre o que me apeteza a min.
 (...)
Ah, deches en falar agora non? Agora que xa depositei estas iradas verbas sobre o papel, agora que a miña mente xa comezaba a mover os meus torpes dedos, vas e disme que empregue estas verbas para tratar sobre os bos limóns que nacen na leira da miña veciña de enfrente? É iso o que queres? Agarda, agarda, que aquí che escribo entón:

Os limóns do limoeiro
que ten a miña veciña
Sonche duros e amargos
Como os son túas mentiras

Os limóns do limoeiro
Que fican na leira vella
Sonche de amarela casca
Da mesma cor ca túa envexa

Os limóns do limoeiro
Que querías roubar ti...
Ai! Non sabes que podrecen
Cando correndo che ven vir?

De limóns  eiquí che falei
Sen reparos me mofei eu
Aprovéitao ben, meniña
É o que a vida che deu
(Agora, vai facer limonada)

PD: Os meus recordos mandan saúdos ao meu espello, saben que as verbas a el adicadas están (ehhh,si, ola Uxía desfruta os meus insultos)








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...