O noso pranto (Doarquivo_2, día oito)
Polos
teus grandes ollos está a correr a mesma bágoa que cae agora pola
miña face, pois só ti entendes a miña dor e só ti a estás a
sentir tamén. Por iso esa bágoa que xa fica abandoada no chan é
tan túa como miña, como é miña a que está a comezar a correr
polas túas pálidas meixelas. E así estamos nós: lonxe,
atopándonos nestas olladas tristeiras, compartindo este derradeiro
pranto ata que o home que fica ao meu carón decida tirarme da
cadeira para ficar entón pendurada desta corda que me afoga,
inmóbil, co sabor salgado do teu pranto dándome un adeus nos
beizos.
PD: os meus recordos non queren saír en domingo, así que tiven que rescatalo da miña propia e non moi ampla memoria, mais o mañá xa chama as portas e, de seguro, volverán (ehhhh,si, mañá volvo escribire a ver)
Comentarios
Publicar un comentario