Arredor de si pero non (malísimo xogo de palabras, día 41)
Camiñamos debuxando uns marcados círculos que determinan o tristeiro contorno do noso cárcere cotiá, sabendo que se os nosos pasos puidesen debuxar outras liñas, unhas que soio se desviasen para evitar os incómodos tropezos coas pedras do camiño, estes trazarían agora un ledo sendeiro conxunto. Mais, porén, seguimos a debuxar máis voltas, deixando os nosos pés cada vez máis magoados por unha terra que os luxa sen amor. E é isto último, o amor, o que fai que sigamos dispostos a deixar a brava terra ensuciar os nosos pés enxaulados. O que nos mantén coa esperanza de converter os tediosos círculos nunha soia recta
...
...
...
sen punto e final
PD: os recordos seguen xirando arredor de si, mais dentro voian lonxe, lonxe...Xunta ti (eeeh, si, agardo que che cheguen)
...
...
...
sen punto e final
PD: os recordos seguen xirando arredor de si, mais dentro voian lonxe, lonxe...Xunta ti (eeeh, si, agardo que che cheguen)
Comentarios
Publicar un comentario