Artigo astralmente vinculado ao momento actual (Doarquivo_9, día trintacinco)
Artigo feito polo meses de inverno dun recén comezado 2019
“Meses do inverno fríos /Que eu amo a todo amar;/Meses dos fartos ríos/ I o dóce amor do lar.'' Deste xeito describía, a benquerida poetisa Rosalía de Castro, o período que compón esta estación escura. E, certamente, ao pensar nos meses que comprenden o mesmo, aparece de xeito implícito unha sensación fría e, no caso dos que viven preto da costa, húmida. Isto, na alegre compaña do lume da lareira (ou dunha estufa, malia quedar menos poético) e dun bo cocido, resulta canto menos agradábel, non tendo nada que envexar ao seu natural antónimo, o verán. Mais,cando se sae do “doce lar” para enfrontar á fría realidade do mundo exterior, as cousas tornan. O gran contraste térmico e a humidade ambiental antes citada presentan un desafío para o noso sistema inmune que día tras día debe loitar contra a aparición de catarros e outras enfermidades. Este risco aumenta nas persoas que se atopan na terceira idade, pois o seu sistema soe ser máis fráxil e vulnerable ante as mesmas e en especial ao contaxio de virus coma a gripe.

Dende que comezou este inverno, ao igual que
ocorreu o inverno anterior, vímonos atopando cun colapso nos servizos
sanitarios públicos, que nos deixa imaxes tan arrepiantes coma o despregue de
padiolas nos corredores dos complexos hospitalarios e incluso coa morte de
varios pacientes que se atopaban nestas condicións. Ante
isto, colectivos coma a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncian á neglixencia do goberno autonómico, o cal eliminou anos atrás 1795
prazas de persoal médico, 798 camas e paralizou a creación de 60 centros sanitarios
públicos. Este, porén, culpa a imprevisibilidade dos chamados “picos de gripe”
como o causante dos colapsos, esperando pois ao remate dos mesmos sen a
proposta dunha solución verdadeira.
PD: Vaia sorpresa levaron os recordos ao atopar isto! A realidade xa estaba a abrumar o faiado daquela…(ehh,si, sanidade pública sempre).
Comentarios
Publicar un comentario