As verbas de Laura (día vinte)
Palabras: Laura, flor, landras, cargador, padriño, pereza, noxo, autista, pene.
O cargador non funciona. Isto quedará sen batería nuns intres, sen poder seguramente rematar o traballo que me encargaron. Mais o peor non é iso, senón o feito de sabelo e deixarme levar por unha pereza que adiou a busca da solución, non quedándome máis remedio que recoñecer con noxo a miña propia culpa. Tentarei agora explicar con vergoña (mentres siga isto activo) o que aconteceu.
Decateime nada máis entrar no cuarto. O instrumento ficaba tronzado, vítima dun dos agresivos ataques do meu can, ficando por tanto inútil. Porén, pensando no sinxelo que me resultaría conseguir outro na tenda de enfrente, abrín este meu portátil e comecei a empregalo como de costume, é decir, para exercer una vez máis a bonita arte da procrastinación. Así, atopeime a min mesmal lendo artigos sobre o xeito no que a cor da flor da árbore das ameixas afectaba á recolecta outonal das landras; vendo vídeos nos que condutores italianos se insultaban nas temidas rotondas de Vigo nunha curiosa mestura idiomática (adxunto parte literal : Autista, pene piccolo!! e engado que autista significa condutor, cousa ben curiosa); e falando co meu padriño sobre a reparación do ascensor da súa comunidade de veciños. Así fiquei entretida ata que, uns minutos atrás, cando xa a tenda de enfrente pechara as súas portas cansada pola longa xornada de traballo, reparei en que isto se ía apagar sen ter feito o traballo que me correspondía. Aquel que lle prometera a Laura no pasado serán, no que pretendía escribir un breve texto coas palabras que ela elixise. Mais, agora, chea de carraxe e vergoña e aproveitando estes breves intres que lle quedan á miña batería, só podo dicirlle que
PD: ahhhhhh os recordos quedaron sen batería mecachis! (ehhh,si? Como escribín isto entón?)

Comentarios
Publicar un comentario