Another one (bites the dust?): aí vén o outono!

 O sol de setembro raia outra vez na xanela. Mentres soa unha apagada melodía na vella radio do avó, os coches recomezan o monótono andar ao traballo cun breve zunido de aborrecemento que parece levar os ritmos da música tristeira que poboa a habitación. Dende as follas dun carballo vello, o outono comeza a espertar, sorprendido e algo irritado por non poder desfrutar das súas ben merecidas vacacións. Que culpa tiña el do gran estoupido do inverno? Ningunha e, porén, tivo que empregar os calcetíns que gardaba no fondo dun caixón para aturar o inusual frío de xullo. Resignado ante a falta de respostas dun calendario ausente, espreguízase escoitando a triste melodía que emana deste vello aparato. Será quen de calmar a estación compañeira? Dende o vello carballo onde se atopa, non é quen de acertar unha resposta coherente. Haberá que tentalo, non? Haberá...

Despois de todo, o sol de setembro raia outra vez na xanela.


PD: o faiado abre a xanela para aproveitar esas derradeiras raiolas de sol...Hai que loitar, si!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...