Cadros bélicos (Doarquivo_5, día 21)
Lonxe da xanela hai unha cidade berrando. Faíscas e fume, ben collidos da man, fican orfos na rúa, buscando xuntos un novo refuxio.
Un pouco máis preto da xanela hai unha vila chorando. Os muros xa derruídos estrean sen fachenda unha nova cor vermella.
A carón da xanela hai unha aldea morrendo. As chemineas avísanlle as campás o longo loito polos asasinados.
Dentro da xanela estamos nós, xogando...
Lémbraste?
PD: Os recordos tamén van collidos da man...Lémbraste? (ehhh,si,claro)
Comentarios
Publicar un comentario