Cantando as corenta sen moito que ver co poema en cuestión (Verbasamigas_4, día corenta)

Palabras: Uxía, can, mensaxe, flor, peite, onda, beleza, ponte

  Fóra
                 Un can ouvea
      Lonxe
                Alén das calmas ondas
  Unha tristeira
       Longa
                       Mononótona
Queixa
            Contra a beleza
  Deste mundo
                        Miserábel
Flor de mil espiñas
                                  Fráxil ponte
   Da vida pouco amada
                              E a temida morte...
E, de súpeto
no medio deste poema
Chega unha rapariga
Despistada e ben pequena
De nome, coido que Uxía
Ou iso dixeron elas
Que, cun peite na man
E na fronte unha estrela
(Haha, non)
Dá en chamar polo can...

(Mais o can
Ao lonxe
Ouvea)

E fica ela entón
Oíndo a mensaxe queda
E, sen pensar moito (tampouco)
Ponse a escribir estas verbas

(Espera, pro iso non o estou facendo eu?)

PD: os recordos felicitan a todos o Día do Libro con este mal poema, a desfrutalo! (Eeeeh, si, as miñas desculpas).


   

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...