Cantiga de amor inspirada na implantación do provincialismo (día corentacinco)
Ondas do mar de Vigo
Se vistes meu amigo...
...
Eu non quería saír do quente refuxio dos fortes brazos que me arrolaban paseniño, nin dos lentos aloumiños que enchían a cada momento a miña cansada face.Non quería...
Eu tentei parar. Facer acougar ese tempo que se adicaba a cambiar os números do meu reloxe dixital sen descanso para conseguir que ficase parado no medio dos anhelantes bicos que recibían os meus inexpertos beizos. Tentei...
Mais non, nada conseguín. O reloxe seguiu a taladrar o seu obseso tic-tac nos nosos oídos, torturándonos co recordo dunha pronta despedida. E chegou...
O meu corazón non deixou correr bágoas tristeiras cando deixou de sentir o teu chamándoo preto, encendido aínda como estaba pola faísca da esperanza do próximo reencontro. E agardou...
E agarda, chamando con forza a túa alma enfeitizada para recordarlle todos os días que non quería marchar.
Que tentei parar o reloxe.
Que non se detivo...
...
Que marchei
~ Colectivo Ronseltz
...
Pero sigo aquí, queréndote.
~ Eu mesma.
PD: os recordos din con epicidade: aguantaremos isto e moito máis (eeh, si, de verdade).

Comentarios
Publicar un comentario