Choiva no tren (Doarquivo_8, día vintenove)

Tren de noite sen estrelas
O vento rompe as vías
A choiva anega a terra
E ti móveste...

No medio desta brétema
Soio as túas luces
Alumean estas verbas
E berras forte....

Chegando a esta estación
Do frío inverno eterno 
Co teu ronco son
De gaita doce...

As túas bagaxes
Quedaron extraviadas
Na tristura da paisaxe
Do esquecido onte...

Que gardabas ti nelas?
Cicais unha esperanza?
Tren de noite sen estrelas...
O fin só leva a morte.


MEU CAAAAABALIÑO, CABAAAAAAAAAAAALOOOOOOO PD: Meu Cabaliño, moito lle gustaba aos meus recordos esta canción d'A Banda das Crechas!!!(eehh,si, dramatismo no tren).


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...