Delirios no día un (Doarquivo_12, día corentatres)
Día un. Indubidábel o breve que ha ser este intento de continua escrita, mais os peixes tamén nadan. A incoherencia combátese sachando e coas patacas faise un churrasco dos bos, non deses que se tentan salvar só coa salsa. A salsa é a falsa apariencia da carne de medio baixo estándar. Tamén é un baile que non sei bailar, pero nada ten que ver co estado cárnico (malia quizais producir desexo carnal pra algún, aí non me meto). Os peixes nadan e eu falando de carne de churrasco, pouco se argalla se máis non se pode dicir, se ben é certo que a reflexión sobre a salsa representa totalmente o postulamento estándar do pobo. A cousa é saber de cal…
Conclusión: nun sistema despótico isto non pasaba.
Boas noites e a nadar coma os peixes na salsa do churrasco. Chimichurri.
PD: os recordos din: Boas noites (eeeh,si, durmire todos!)
Comentarios
Publicar un comentario