Hormonas no azar (Aochou_5, día trintaoito)

Equivocarse, perpendicular, biblioteca, diagrama, beizos, edificio, faraón

-Pois disto que un día douseme por ir a biblioteca, sabes? Ese edificio no que hai libros e cousas destas raras...

-...

- Xa, e pras fotos dache un aire intelectual que flipas, de verdade un día temos que ir as dúas presumir hahahaha. O caso, que estaba eu así abrindo o libro para facer como se estudase e...

-*VOZ EN OFF AGUDA* VEN CEAR DUNHA VEZ!!!

-…QUE ME DEIXEDES EN PAZ QUE TOU FALANDO! Aish, perdón. Va, retomando o tema, sabes a quen vin???

-...

-SII, buah estás en todas. Meu, segue sendo tan raro como en primaria, non cambiou un chisco. Acórdaste de cando un día veu disfrazado a Entroido? Que pouca dignidá deus, e ademais de faraón...Ao mellor por iso era tan fósil hahaha

-...

- Xa é que somos súper crueis encántame. Ai, cando o me sentei e o vin case escacho a rir. E, despois, cando empezou a montar bulla...

- SII, de verdade. O chaval estaba todo agobiado xa cando entrei, tiña o lapis máis mordido do que o meu can ten o seu xoguete. Pero, así cando eu levaba media hora (mirando as redes non te penses haha), comezou como a falar só dicindo cousas ao chou tipo: equivocarse non, non, non, non puiden errar  de novo, déixame mirar, déixame mirar... AI QUE NON É PERPENDICULAR A LIÑA, QUE O DIAGRAMA TODO VAI MAL, TEÑO QUE EMPEZAR DE NOVO SEREI e se vises como empezou a xurar mimadriña nin ti cando lle vas falar ao ex borracha hahaha

-...

-Mullé, non te poñas así que era unha broma para que entendeses en que plan empezou a esbardallar. Total, que o bibliotecario foi xunta el para intentar botalo e el parecía que non o escoitaba, seguía ao seu, cousa tamén moi típica de cando estaba na clase, acordas? E agora vén o mellor...

-...

-Non, non, non foi que o botasen á forza. Resulta que cando o bibliotecario ía facer iso, xa tentando erguelo da cadeira, o ghicho debeu atopar a solución ao seu problema e  literal os ollos como que lle empezaron a brillar da emoción . E entón (ai que bo deus vaime mal ao recordalo) levantouse, colleu as cousas, DOULLE UN BICO EN TODOS OS BEIZOS ao probe señor da biblioteca e marchou correndo. AI, non podo, choro hahahahhahahaha

-...

-HAHAHAHAHA PARA PARA QUE ME MEXO AI...

*VOZ EN OFF AGUDA DE NOVO* QUERES CALAR??? E FAI O FAVOR DE BAIXAR DUNHA VEZ OU CÓRTOCHE A CONEXIÓN

-VOU, PESADOS, VOU!!! ai, migha, ai, estoume recuperando pero teño que marchar que se non despois non hai quen os convenza para deixarme saír no finde. Falamos despois??? Que agora temos que comentar a escena puf de verdade non o supero...

-...

- Ai perfecto, rapaza. Deica, bicos (como os do chaval hahahhahahahahahhah)


- ...

PIIIIII

PD: mimadriña que de hormonas tiñan hoxe os recordos, demasiadas para un vello faiado (ehhh,si, imitar conversas adolescentes non é o meu)




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...