Indixestión (día corentaseis)
Doe
...
Caes derrotado
E engúrraste
Como o faría
Esta vella folla
Se puidese queimala na fogueira
Do doce esquecemento
E doe...
A pel ten agullas
Que se cravan a cada paso
A cada leve intento do teu peito
Por deixar entrar un aire puro
Que non chega
E volves caer
Derrotado
E doe...
O chan onde caes
Coas túas agullas
Xa non é chan
Senón un mar bravo
Que varía a cada intre
Empuxándote
Tirándote
Mareando a túa probe conciencia
-...
Que te queres erguer?
Non.
Caes...
E doe.
E no fondo
Máis alá desas agullas que se cravan
Dentro dese corpo
Que fica derrotado no chan
Soio hai un desexo
Unha pequena faísca
Que se encende no estómago
E impregna o canso pensamento
Das seguintes verbas:
‘Deus, teño que ir ao baño’
Pero o teu corpo
Derrotado
Cae novamente ao chan
E doe...
PD: os recordos lamentan profundamente ter comido lentellas (eeeh,si, o dramatismo).
Comentarios
Publicar un comentario