Negación dun voo derradeiro (día trinta)

Eu non quero ver correr paxaros polo monte arriba, desacougados e feridos pola arma letal da nosa propia existencia. Non quero velos chegar pesarosamente ao cume nin observar como, derrotados,  se deixan caer extendendo as ás, mantendo cicais a vaga ilusión de que poderán voar coma antes o facían neste ceo tantas veces chuvioso de primavera. Non, non quero presenciar a tráxica morte dos paxaros dunha estación desesperanzada.
...
...
...
Non nos quero ver morrer por estar sen ás.

PD: os recordos si que voan, mais moitas veces non se decatan de que están a habitar nunha grande xaula...(eeeh, si, cuestionamento rutinario da nosa liberdade).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...