Nova do xornal de hoxe (día 31)

Interior está a investigar se (...) saltou o confinamento para facer exercicio

Non tería que ser un asunto a tratar por Exteriores? 


Sinceramente, non o sabemos. O que si podemos afirmar é que as familias amosaron, tras o coñecemento da terrible nova, certo descontento cara a actitude do que fora líder e señor das lendarias terras do centro do mundo, reclamándolle a impartición de clases de ximnasia durante o vindeiro estío para pagar tal agravio. Ante isto, o protagonista dos feitos, segundo confirmaron as fontes oficiais que hai na praza (e das que non se pode beber por mor da mala calidade da auga local), lanzou con afectada sinceridade a  seguinte resposta: 'eu síntoo moito, mais non o podo evitar. A min vaime a marcha, a marcha política'. Tras estas contundentes declaracións, países imaxinarios da comunidade imaxinaria dos susoditos países imaxinarios convocaron unha marcha pacífica pola parroquia virtualizada de Borneiro (traballo que fixeron os veciños coa tecnoloxía sobrante do eólico, como pode ver o lector se preme aquí) na que daban apoio ao benquerido exdirixente baixo a consigna: 'Marcho que teño que marchar', o cal foi mal visto polo reino illado, que o interpretou como unha apropiación do lema que empregou durante o arduo proceso de illamento destes dous anos pasados. Todo isto acabou coa apertura dunha investigación sobre o ocorrido por parte  do ministerio de Interior, pois desta maneira permitiráselle ao suxeito do que vimos tratando durante toda esta irrelevante nova poder desprazarse para ir declarar.
OPINA: cres que Interior debe relegar o caso a Exterior, como indica o subtitular desta entrada?
OUTRAS NOVAS: os estragos do comunismo no xeito no que tomas o café e outros titulares sensacionalistas máis que me dá pereza seguir a escribir.

PD: os recordos quixeron hoxe ler un pouco do que pasa no Exterior... ou no Interior? (ehhh,si, queimei a broma xa).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...