Un dilema de poema (Verbasamigas_2, día vintesete)

Palabras: Al Pacino, David, xogos, botella, colexio, llama, Inés, roupa

Xogos na túa pel núa.
Aqueles que o colexio non ensina
os que se deprenden aos poucos
no doce  compás da túa risa

Como Inés coñece a súa botella
De whisky, que tanto estima
Así coñecerei eu
A túa roupa con ledicia

Llama non é, senón faísca
a que prendeu en min outrora
Pois cando pra ti dou en mirar
O David seméllame pequena obra

E xa me vou aquí despedindo
Remato así un pequeno poema
Tiña que versar de Al Pacino
Mais ti inspiras mellores verbas.

PD: ' LAURA, INÉS, OS NOMES PROPIOS COMO PALABRAS BEN, NON?' vaia pintada deixaron no faiado! Ídela limpar, recordos? (ehhh,si, a pereza creo que lles vai poder)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...