Un traballo para un poeta breve e fútil (día trintadous)

Brevidade, ante todo. Iso é o que buscamos nun poeta. Non hai motivos xa para contentar á poboación con escritas sentimentais, nin pretendemos que este consiga que se decaten de que son necesarias, descargando con forza toda a raiba, o amor, a queda e asustada melancolía que invade o seu canso peito e provocando no lector a faísca que acenderá o seu longamente durmido pensamento. Para que precisamos nós iso? Nada nos dará o que faga pensar a unha ben sumisa poboación. Por iso queremos brevidade e, a ser posible, futilidade, algo que faga que a xente poida presumir de ler entre os descansos da súa ben estipulada rutina de traballo. É vostede capaz de suplir esta nosa necesidade?

Noitarego
Orballo
Novo.

Caendo,
Asexando
Lentamente
Este
Serán

Perfecto! Nada sacamos desa breve mensaxe, comeza vostede mañá mesmo a traballar na páxina sete do noso xornal.

PD: os recordos si entenderon a mensaxe dese poema, breve e fútil (eeeh, si, precisamente acordei dos acrósticos).


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...