Alcachofas con boloñesa (día sesentaseis)
No día de hoxe soio aparecín neste vello faiado para afirmar sen pudor ningún que o prato que acabo de comer (de fina porcelana) produciu no meu interior unha satisfacción alimenticia sen precedentes, chegando por mor diso a rozar os niveis prohibidos da gula (do norte). Nada máis.
PD: os recordos estanche ben cheos! (Ehh,si, non acostumo cear no final do día).
Comentarios
Publicar un comentario