Anuncios por palabras na Voz do 30 de febreiro (día setentacinco)

BÚSCASE NOVO INQUILINO PARA ESTE FAIADO
Ante a próxima apertura da enxebre paisaxe das praias de Sanxenxo, a residente deste local busca unha persoa que o manteña en condicións mentres a mesma vai desfrutar do marisco e demais cousas da nosa terriña. Espazo amplo, abranguendo fisicamente unha inxente cantidade de milímetros cadrados e astralmente todo o espazo que o novo habitante lle queira proporcionar no sen fin da Internet. Necesidade de sacar os recordos a pasear polo mundo público das entradas web polo menos unha vez ao día, mais sen un trato especialmente bo á hora de plasmalos, pois non se pode esixir máis do que se está a facer. Os interesados poden contactar pola zona de comentarios e/ou escribindo ao correo que aparecerá tras estas 
verbas: querouncorreoxa@gmail.com. Este vello faiado está impaciente por coñecer faces novas! 

PD: pois iso, que os recordos buscan quen os relate con xeito…(ehhh,si, pero por agora non se pode ire a Sanxenxo así que a aguantare rapazada).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...