Autosermón ben merecido, de certo (día sesentaoito)

As cousas hai que facelas con xeito, ben e, sobre todo, adicándolle o tempo que precisan. Vedes estas verbas que están a caer sobre o papel mentres pasades por el a vosa vaga vista? Pois isto, o que estades a ler, é o exemplo do que non podedes facer se queredes ter o respeto do resto desta cada vez máis confusa sociedade. Estas palabras fican aquí baleiras, sen amor, claramente postas sen moito tino para suplir unha moral obriga de redacción diaria e non como un exercicio sano de reafirmación cara unha vocación literaria. Ao ler o que fagades, ao sentir coas mans o que con elas poidades construír, tedes que sentir ese traballo, ese suor e ese cariño que deixastes impreso nel. Non sendo así, é preferible que deixedes de martirizar as teclas con tan pésimas historias.
E agora?
Non somos máis que sombras...

PD: Os recordos andan co rabo entre as pernas...Vaia reprimenda! Haberá que buscar máis a fondo neste vello faiado…(ehh, si, tempo e cariño, cariño e tempo).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...