Bardo en prácticas ou o inicio dun guión nunca escrito (Doarquivo_18, día sesentacatro)
Estamos perdidos nesta inmensidade mundana á que denominamos realidade.E é que cada día espertamos nunha incerteza, nunha dúbida que escapa ao noso intento de razoamento. Intentamos darlle sentido a verbas inconclusas, a sentimentos vagos, a nada e a todo. E estamos perdidos.
Nesta escuridade confusa, porén, pódese atopar unha pequena esperanza de dirección. O pobo.
A xuntanza, a confianza e os valores que os nosos antepasados deixaron amósansenos como unha pegada nun bosque frondoso que podemos empregar para saír do mesmo. Canto máis nos achegamos a nós como un conxunto, máis preto estamos do noso obxectivo. Os tempos son chegados irmáns, eu seino. E cómpre que me sigades.
PD: *patriotic recordos intensifies* (eeeh,si, vaia cousas che nos ten o faiado).
Comentarios
Publicar un comentario