Clímax no desconto das aceitunas do comercio local (Verbasamigas_5, día sesentasete)
Palabras: aceitunas, zapatillas, fame, arritado, consolador, beleza, fodida, clítoris, rebolar
Sentado no incómodo sofá que prometera cambiar cando aínda as súas zapatillas tiñan tela dabondo para agarrar os seus grandes e pesados pés, douse conta de que acababa de chegar a ese punto da vida do que otros máis vellos viaxantes lle tiñan falado coma se fose a súa gran aventura persoal. Ese momento no que verdadeiramente só anhelas dúas cousas: matar a gran fame que percorre o teu corpo dende o cu (algo arritado) ata a salivante boca a base de aceitunas sen óso e escribir satisfactoriamente unha novela erótica. E el, alí sentado, contemplando a beleza da ruela que se extendía baixo a súa xanela, acadou ese estraño estado vital. Quizais, pensou, isto que lle estaba a acontecer viña alentado polas súas frustradas gañas de rebolar nas festas do pobo, atopando xa o seu corpo moi vello e as mozas ás que os anteriores veráns tentara seducir demasiado serias para ocupar un espazo na súa mente desexosa de fantasías. Necesitaba un consolador relato (ambos sentidos aplicábeis), algo que o transportase ao desfase de antano e o fixese sentir coma aquela noite na que...
*recordos varios*
'Deus'-marmurou-'que fodida é a vida'.
E eu, como narradora, dígolle que é ben máis difícil escribir sobre o placer producido ao estimular o clítoris cando nunca chegaches a coñecelo persoalmente. Así que, como consello ao meu propio personaxe, direille que hai unha oferta bastante boa de aceitunas ao fondo da bela ruela que se extende baixo a xanela da súa casa. Que comece por aí.
PD: os recordos fican abraiados polo contido sexual das verbas que aquí apareceron...Quererán aceitunas? (ehhh,si, moito desfase).
Comentarios
Publicar un comentario