Desculpas ante a soidade dunha pinga e o seu desafortunado receptor, un gato (Aochou_6, día cincuentatres)
Israel, gato, descifrar, tragar, clave, rima, lume, pinga
Caeu unha soa pinga, o ceo non quixo que chovese hoxe nesta nosa sempre escura cidade. E, entón (pregúntome sen moito interés real), por que soltou esa pequena e melancólica bágoa, aquela que dou en repousar tranquilamente sobre as costas dun gato ao que molestou terriblemente? Pois tampouco o sei, xa que en verdade a pregunta non deixa de ser un fútil intento de entreter ao meu cerebro cansado con divagacións sobre algúns feitos cotiás, chegando así a conclusións tan absurdas como o pensar que isto aconteceu por mor dunha pequena chamada de emerxencia aos bombeiros locais informando dun lume descontrolado nunha residencia e, ante a negativa de axuda por parte dos mesmos, este noso ceo decidiu enviar o seu exército persoal para logo detelo (exceptuando a pequena pinga que observei) no momento no que comprobou frustrado que se trataba dunha broma telefónica dos malos cidadáns de turno. Tan ridículo é isto como difícil é descifrar o porqué dese acontecemento, ata pode existir unha proporcionalidade inversa entre ambos. E eu que sei, queridos lectores, tanto tragar historias non leva sempre á boa dixestión clave para a composición de relatos ben sustentados, senón máis ben a unha espiral convulsa de ideas mal fiadas (e ía facer unha rima espiral-fatal para empregar rima, mais facelo deste xeito é paradoxicamente máis penoso). Entón, tentando dar unha puntada sen moito fío para rematar este relato no tema que inicialmente nos ocupaba, vou enunciar outra teoría sobre a orixe desta breve e particular (literalmente) choiva: Israel non é un Estado lexítimo ( había que facelo, síntoo).
PD: desculpas dos recordos por esta memoria tan convulsa...(ehh,si, que estou a escribir?).

Comentarios
Publicar un comentario