Do mar pola orela (día setentadous)

Na orela xoguei coas suaves rochas que se encontran entre a area non estreada dun verán pronto a chegar. Collíaas sen moito agarimo e, dun golpe seco, facíaas impactar contra a indefinida superficie dun mar sen horizonte, facendo que estas saltasen cara esa remota liña que nadie conseguiu aínda descubrir. Moitas delas, porén, batían contra as próximas rochas que se levantaban das profundidades mariñas ou, sen máis, sumerxíanse na que fóra a súa natal patria, saudándoa de novo despois de tanto tempo naquela terra estranxeira (literalmente). Mais aquelas que, como xa antes dixen, conseguían brincar sobre as leves ondas da ría, as que buscaban anhelantes o sol que cae no serán, esas que ollei partir leda, levaban escrito no seu pequeno corpo pétreo unha desesperada mensaxe de esperanza : 'Vés?'.

PD: os recordos tamén che foron saúdar hoxe á orela...Vés? (eeeh,si, vente).


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...