Escelsior (día 61)

EU SON!
...

Eu vou ter o meu nome, esa primeira marca da nosa falta de liberdade. Eu son... Iso, esas letras que xa antes de ter pisado por vez primeira este caótico mundo ficaban penduradas no berce da miña habitación (se daquela o era xa) xunto con aquelas estrelas ficticias que alumearon todas as noites dos meus ollos cansos. Eses pequenos fonemas que a xente dá en combinar de formas ben distintas, deformándome con eles coma o teño feito nos curiosos espellos da Rúa dos Gatos, mais sen nunca deixar de ser iso... Eu? Esa breve verba que se gravou en cada recuncho do meu pequeno corpo, ata chegar a vogar nas miñas salgadas bágoas e a voar na pouco melódica partitura da miña voz...
...

*reflexión inqueda*
...
E, se o deixo de ter, seguirei sendo? Fareime máis libre ou ficarei esquencida como unha personaxe marxinal dunha extensa novela á que xa ninguén pode nomear? Que alumearán entón esas estrelas que descansan no meu leito infantil?
Eu serei...Eu?
Coma quen di
Un ninguén.
...
*conclusión*
...
Seguídeme a chamar, mantede acesas as ficticias estrelas do meu vello faiado.
...

O meu nome
acenderá unha estrela nova
en cada constelación

-Manuel Antonio.

PD: os recordos...Son, e en inglés están (eeh, si, apunte sinxelo co to be).



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...