Frases esquencidas de Paulo Coelho (Doarquivo_16, día cincuentasete)

Rosa rosae rosam non sei latín pro controlo de ritmos latinos

Cando quero quererte queres queixo

O esplendor da escuridade en sol sostido

Acórdaste dos acordes das cordas cortadas?O melódico silenzo da ruína...

Quéixaste de vicio, de vicio está o queixo

Fóra as vosas sucias mans de Rompente!

Á vangarda sempre lle disparan primeiro...

Lexítimo son demencial...

Os soviets na illa de Arousa: moito máis que unhas simples parroquias

O caos ordenado dunha entropía negativa

Ise camiño que percorremos sentados frente ao mar

Sinestesia metafórica, iso soa a hipérbole

Gañamos na derrota, semella isto 1812

Se Kirchhoff estudase filoloxía galega nunca teriamos chegado á situación diglósica actual

O egocentrismo reflexado nun espello cóncavo, humor esperpéntico...

A sintética antítese da guerra e da paz

Corrixe os teus acertos e segue errando, abaixo o empirismo!

De cando Nietzche foi á estrea de ''Superman'' e se volveu católico

Os dentes de allo son listos ou o que fixo a comparación non o era?

Se che doen os pés douche o meu pésame

A proclise do trigo e a indignación do millo dialectal

Recorda que as estrelas brilan máis que os cartos 

Ítaca retorna a Ulises, non habería Odisea sen saudade.

Traxedia do labrego estándar: E ficamos nós sós.
Sen o Bar, sen o Marco
Nós


PD: ai, cantas reflexións gardan eiquí os recordos! (Eeh, si, tempos, tempos...fugit).











Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...