Íase titular linkin park e agora non se pode entender totalmente ese xogo malo de palabras polos cambios que se fixeron no texto (día setentatres)
Ao sentir por vez primeira
De novo
O bravo salitre aloumiñar os meus cabelos
E bicar o meu corpo
Ben novo
Dei en acordar
Pola calor dunha raiola na pel
Do (maduro) maio
que pola orela escapaba...
Nada novo
(e sempre abril)
PD: efectivamente, moitos recordos novos do vello mar están a saír deste noso faiado…( ehhh,si, vaia calor vai para estar en maio!E vaia pareado...)
Comentarios
Publicar un comentario